8.7.09
2.7.09
23.6.09
A eliminación do galego dos exames da función pública, un "ataque directo ao corazón do país"

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, acusou hoxe ao PP de artellar un “ataque directo ao corazón do país” eliminando o galego dos exames de acceso á función pública. Lage presentou no Pleno unha emenda de devolución á proposta de reforma da Lei de Función Pública de Galicia, que foi aprobada cos votos do Grupo Popular, e dixo que o Goberno, “co seu presidente á cabeza, convértese no azote da lingua”.
O parlamentario socialista dixo que a Xunta do PP é “o primeiro goberno deste país que toma decisións en contra do noso idioma” e empregan “o rodillo da maioría”, para executar “en nome da liberdade, un ataque contra a lingua galega, contra os sinais de identidade do noso pobo”. Lage dixo que os deputados do PP serán “cómplices co seu voto” desta decisión que tildou de “involución” e “tropelía” que “pesará sobre a súa conciencia, si é que a teñen”.
Lage Tuñas acusou ao Grupo Popular de “facer un ataque ao Plan Xeral de Normalización Lingüística”, que é o “punto de encontro” dos tres grupos parlamentarios. Advertiu que incumpre a Lei de Normalización, que establece o dereito dos cidadáns a ser atendidos no seu idioma, incorporando ademais “unha clara inseguridade xurídica” con relación aos procesos actualmente en curso e dos que se modifica a normativa.
Dixo que esta decisión constitúe un exemplo do “retroceso, paralización, ataque aos sinais de identidade e regreso ao pasado” nos 60 días de goberno de Feijóo. Salientou que a decisión será tomada ademais “cos sindicatos da función pública en contra” e lembrou que a anterior modificación da Lei foi levada adiante “co acordo dos sindicatos maioritarios da función pública”.
Lage Tuñas acusou ao PP de “falsear o debate en nome da liberdade” ao dicir que “pretenden garantir que haxa máis médicos, cando o número de médicos depende da política de prazos do Sergas e por certo sempre houbo máis aspirantes que prazas”. Engadiu que “non vexo que noutras comunidades como Baleares, Valencia, Cataluña, Navarra ou Euskadi deixen de ter bos especialistas médicos por cuestión de lingua”.
22.6.09
19.6.09
As Xuventudes Socialistas de Galicia, condenan o atentado desta mañá en Arrigorriaga
Santiago de Compostela 19 de Xuño de 2009. As Xuventudes Socialistas de Galicia queren expresar a súa condena ao acto de violencia terroristas desta mañá en Arrigorriaga, no que ETA acabou coa vida de Eduardo Puelles, Inspector Xefe da Brigada de Información da Policía Nacional.
Queremos mostrar as nosas condolencias á súa familia, compañeiros e amigos e mostrar o seu rexeitamento a todo acto de violencia.
Dende as Xuventudes Socialistas de Galicia, manifestamos o noso firme compromiso coa democracia e queremos apelar á unidade dos partidos e organizacións políticas na loita contar o terrorismo.
17.6.09
XSG acusa ó PP de ignorar á mocidade á hora de regular asuntos que lles afectan
- As Xuventudes Socialistas de Galicia, lamentan as palabras paternalistas e crimininalizadoras da Conselleira de Sanidade sobre o consumo de alcol para os maiores de 16 anos, no transcurso dunha sesión da Comisión Parlamentaria de Sanidade.
- As palabras de Pilar Farjas supoñen un duro ataque ás liberdades individuais dos maiores de 16 anos e pretende enfrontar esta iniciativa cunha óptica paternalista.
- Esta iniciativa suporá unha importante modificación na Lei de Drogodependencias da Xunta de Galicia, polo que as Xuventudes Socialistas de Galicia, denunicamos a “unilateralidade da Consellería de Sanidade” e “queremos esixir a Pilar Farjas que dialogue e consensúe cos axentes sociais estas posibles modificacións.”
As Xuventudes Socialistas de Galicia, lamentan as palabras paternalistas e criminalizadoras da Conselleira de sanidade Pilar Farjas no transcurso dunha sesión da Comisión Parlamentaria de Sanidade, xa que nas verbas adicadas á xuventude só falou de “consumo abusivo de alcol” e “embarazos non desexados”.
“O PP volta á liña dura en materia de mocidade, na que priman criterios de carácter prohibicionista e sancionador sobre os preventivos e formativos en materia de consumo de alcol”, di María Torres, Sª Xeral das XSG.
Segundo Torres Pose, “Estas palabras supoñen un duro ataque ás liberdades dos maiores de 16 anos, froito da óptica paternalista dende a que o PP enfronta este tema. Para o PP está claro que o centro do problema “é da mocidade” en exclusiva.
“Dende as Xuventudes Socialistas de Galicia apostamos por un achegamento ao consumo responsable dende a prevención e a formación no ensino, polo que non podemos máis que criticar as limitacións de dereitos individuais como modo de atallar esta realidade” Máxime cando estas limitacións afectan única e exclusivamente á mocidade.
Esta iniciativa suporá unha importante modificación na Lei de Drogodependencias da Xunta de Galicia, polo que as Xuventudes Socialistas de Galicia, denunciamos a “unilateralidade da Consellería de Sanidade” e “queremos esixir a Pilar Farjas que dialogue e consensúe cos axentes sociais estas posibles modificacións.”



